Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manu Sánchez: “No Dépor coidaron aos afeccionados e agora están a recoller os froitos”

Manu Sánchez: “No Dépor coidaron aos afeccionados e agora están a recoller os froitos”

O exadestrador do equipo feminino foi o primeiro en sacar carné para a súa mascota

Cre que esta campaña é unha proba máis do bo trato que ten o club cos seus seareiros

G24.gal 14/01/2022 16:07

Oso foi a primeira mascota que ten carné oficial do Deportivo da Coruña. É o can do exadestrador do Dépor feminino Manu Sánchez, que pasou pola Zona Mixta da Radio Galega para falar da tolemia polo seu equipo que están a demostrar esta temporada os afeccionados.

"Hai varios factores que explican a resposta dos seareiros: que o estadio é moi accesible, que o equipo non deixa de ser un 'grande' de España e, tamén, que o club fixo as cousas ben para coidar da afección, xa dende a época de Lendoiro".

Sánchez conta que a idea dos carnés para mascotas xa a tivo el hai tempo: "Hai anos comenteillo ao director comercial do club e sei que moitos compañeiros do club riron de min pero ben... e, mira, anos máis tarde sae a proposta e a xente está encantada".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade