Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manu Barreiro regresa pola porta grande ao Vero Boquete (4-2)

Manu Barreiro regresa pola porta grande ao Vero Boquete (4-2)

O dianteiro santiagués marcou os dous primeiros goles do seu equipo

Logo de poñerse cun 3-0, o Compostela deulle vida á Arandina e acabou pedindo a hora

G24.gal 10/09/2023 21:13

Volveu en grande Manu Barreiro. No primeiro partido oficial no Vero Boquete coa camisola do Compostela, anotou os dous primeiros goles do partido demostrando que a súa calidade está por riba da 2.ª RFEF. 

Parecía o encontro encamiñado cun Compostela que dominaba e marcaba. Antas anotou o terceiro e a relaxación foi o peor inimigo do cadro santiagués. A Arandina, con todo perdido, botouse arriba e marcou dous goles Gonzalo Serrano que facían xustiza ás ocasións que estaba creando o equipo visitante. 

Houbo momentos de dúbida, afortunadamente resoltos do mellor xeito grazas ao cuarto gol do partido, marcado por Jordan no tempo engadido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos