Cargando resultados...
Manrubia debuta con gol na vitoria do Liceo sobre o Reus
O equipo galego chega á parada de mes e medio polo mundial como segundo clasificado, por detrás do Barcelona
G24.gal
09/10/2022 14:14
A OK Liga chegou á súa parada de máis dun mes por mor dos Xogos Mundiais con boas novas para o Liceo. O equipo coruñés gañoulle ao Reus por cinco a tres nun gran partido xogado no Pazo dos Deportes de Riazor.
Dava Torres e César Carballeira marcaron por partida dobre. Tamén fixo un gol Pol Manrubia, que se estreaba hoxe coa camiseta liceísta cedido polo Benfica ata o final da temporada. Os de Juan Copa sitúanse na segunda praza da clasificación con quince puntos, a tres do líder, o Barça.