Publicador de contidos

Publicador de contidos

Triunfa nas redes unha manicura inspirada nos deseños de Sargadelos

Triunfa nas redes unha manicura inspirada nos deseños de Sargadelos

A manicura viral faise nun salón de beleza de Burela

O mítico azul cobalto dá o salto da cerámica á estética

G24.gal 24/01/2022 21:05

Apenas leva 15 días aberto pero un salón de unllas de Burela xa ten gran repercusión por Galicia enteira. O motivo está nunha das súas manicuras. Foi unha clienta a que acudiu pedindo un deseño inspirado en Sargadelos.

Alda, especializada en manicuras artísticas púxose mans á obra. Mirou deseños en Internet, mesturando cores para obter os tonalidades semellantes e tras dúas horas de traballo artesanal conseguiu plasmar a esencia de Sargadelos.

Agora o resultado está a ter unha grande repercusión e as fotos non paran de circular por Internet.

Aquí triunfa o personalizado, ningún deseño é igual ca outro pero agora non para de soar o teléfono pedindo manicuras inspiradas en Sargadelos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos