Os detidos na operación contra o tráfico de heroína no Salnés declararán este xoves
Na segunda fase da operación foron detidas tres persoas
A rede operaba con outra en Portugal e encargábanse da recepción e venda da heroína en Galicia
Fontes xudiciais confirman a detención polo momento de tres persoas nesta segunda fase da operación contra o tráfico de heroína que se desenvolveu en seis localidades da provincia de Pontevedra.
Axentes da UDYCO rexistraron 11 domicilios e naves nos concellos de Sanxenxo, Ribadumia, Meis, Meaño, Barro e Ponteareas.
A operación está dirixida polo Xulgado de Instrución Numero 2 de Cambados, onde este xoves está previsto que presten declaración os arrestados.
Estas detencións súmanse ás practicadas hai nove meses na primeira fase desta operación contra o narcotráfico en que foron arrestadas outras 8 persoas.
Segundo fontes policiais a rede operaba con outra en Portugal e encargábanse da recepción e venda da heroína en Galicia.