Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aviso laranxa por vento e ondas a partir deste martes na Coruña

Aviso laranxa por vento e ondas a partir deste martes na Coruña

Entramos nun novo mes, pero o tempo meteorolóxico non cambia moito

Continúa a choiva esta semana
G24.gal 01/04/2024 15:00 Última actualización 01/04/2024 20:31

 A Xunta lanza un aviso laranxa por vento duns 70 quilómetros hora e ondas de ata 5 metros para o litoral noroeste da Coruña.

As autoridades aconsellan á poboación en xeral manterse afastada de zonas de costa, diques, rompentes e paseos marítimos, así como a extremar as medidas de precaución nos amarres de embarcacións e evitar riscos innecesarios ante o temporal.

 "Pois si estou farto, xa está".

 "Xa estamos aburridos dela".

 "O que nos falta é que nos saian branquias directamente porque, meu Deus, este ano todo para aquí", comentan na rúa.

Rematou a Semana Santa máis chuviosa dos últimos anos, con acumulados nalgunhas zonas por riba dos 50 litros por metro cadrado. Comeza o mes de abril e todo segue practicamente igual.

 "Por riba vai frío, non é un chuvasco de primavera é que vai frío outra vez, estamos como o boneco de Michelin con 40 capas", apunta unha rapaza.

Iso é o único que parece que vai cambiar, as temperaturas suavízanse.

"Esta semana as temperaturas subirán debido a que temos ventos do oeste, suroreste que achegan máis humidade pero pola contra temperaturas máis altas", informa  Joel Cid, meteorólogo de Meteogalicia.

O peor día da semana será mañá. Entra unha nova borrasca Atlántica.

 "O martes vai ser o día máis chuvioso desta semana cunha fronte e a partir de aí teremos días de ceo moi nubrados canto máis ao oeste da comunidade debido aos ventos do oeste, suroeste que achegan moita humidade e si que no interior de Galicia, probablemente o mércores ou o xoves vexamos o sol, con ceo non despexados pero si teremos intervalos toldados con ceo abertos con nubes e as temperaturas si que no interior probablemente a finais de semana si que andaremos arredor dos 20 graos", continúa Joel.

Parece que se ve un pouco de luz ao final do túnel. Polo menos auga non nos vai faltar.

"Hai que ver a parte positiva sempre, como están os nosos encoros? Ao tope", reflexiona unha señora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos