Publicador de contidos
Publicador de contidos

Este sábado chega a Galicia a terceira e derradeira borrasca desta semana

Este sábado chega a Galicia a terceira e derradeira borrasca desta semana

Este venres está a ser unha xornada de transición

G24.gal 10/03/2023 14:40

Este venres está a ser unha xornada moi ventosa. Desde as dez da mañá hai activado un aviso amarelo en boa parte das provincias da Coruña e Lugo por fortes refachos de vento.

E aviso amarelo tamén no litoral por mar combinado. Nas Rías Baixas quedou desactivado contra o mediodía.

Con todo, a deste venres está a ser unha xornada de transición á espera da terceira e derradeira fronte da semana. Así que mañá haberá un aviso amarelo por acumulados importantes, corenta litros por metro cadrado en doce horas, no oeste e suroeste da Coruña e no interior de Pontevedra.

E o domingo vai destacar polas altas temperaturas. Os mercurios situaranse nos vinte graos e no sur por riba deles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade