Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mallorca e Real Sociedade deixan os deberes para o partido de volta (0-0)

Mallorca e Real Sociedade deixan os deberes para o partido de volta (0-0)

Abdón Prats e Sadiq gozaron de boas ocasións pero non atinaron coa portería contraria

G24.gal 06/02/2024 22:33 Última actualización 06/02/2024 22:49

Mallorca e Real Sociedade empataron sen goles na ida das semifinais da Copa do Rei. Os dous equipos xogaron con moitas precaucións defensivas e tampouco estiveron os seus dianteiros atinados nas poucas ocasións que tiveron. 

O primeiro tempo disputouse de poder a poder, con moita intensidade en cada unha das disputas, pero con escasos achegamentos. Só hai que destacar un remate de Abdón Prats que saíu rozando a escuadra. 

O partido abriuse no segundo tempo, cunha Real máis presente no campo contrario e buscando o gol. Aínda así a primeira clara volveuna ter Abdón Prats para o Mallorca. Pero foi Sadiq o protagonista atacante do partido. Tivo dúas, pero fallounas, para levar o partido en vantaxe á Anoeta. A máis clara no minuto 71, cun remate na área cativa que lle marchou alto. 

O de Mos Brais Méndez foi titular na Real Sociedade e o betanceiro Dani Rodríguez capitaneou o Mallorca. Tamén houbo protagonismo galego na arbitraxe coa presenza do pontevedrés Muñiz Ruíz. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar