Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis seguridade ca nunca no San Xoán de Nigrán

Máis seguridade ca nunca no San Xoán de Nigrán

Douscentos efectivos velarán pola festa que tamén estará controlada por drons con capacidade de gravación e recoñecemento facial

G24.gal 22/06/2026 14:15

En Nigrán este ano cadrando co San Xoán co festivo agardan preto  de 60.000 persoas. Un reto para a seguridade e os fluxos de persoas. Douscentos efectivos velarán pola seguridade. Haberá coma o  ano pasado  un posto de mando avanzado da Axencia Galega de Emerxencias e drons tanto de AXEGA como da Garda Civil. Algunhas cámaras teñen recoñecemento facial e capacidade de gravación.

Moitos dos accesos aos principais areais de Nigrán xa están cortados desde este luns. A canalización de fluxos de tráfico e de persoas para evitar tumultos é un dos grandes retos de festas como estas.

duascentas persoas integrarán o operativo: todo o cadro da Policía Local, Protección Civil , Policía Nacional e Garda Civil ,tamén de tráfico e do Seprona. 

Unha ducia de drons vixiarán o evento, algúns deles con recoñecemento facial e capacidade de gravación. Todo  se controlará e monitorizará desde o Posto de Mando Avanzado que a Axega instalará este ano tamén.

Desde a organización están bastante satisfeitos de todo o operativo  e ao que máis temen son os comas etílicos, os casos menores poden ser atendidos no hospital de campaña. O ano pasado apenas houbo incidencias, e hai anos que non hai queimados. A organización temén vela porque non haxa estragos nas dúas grandes lumieiras antes de prendelas.

Especial atención prestarán á xente que faga buratos na area, algo moi prohibido, con penas que van desde os 100 ata os 200.000 euros nos casos máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade