Aumentan as liortas e os delitos de lesións en Ribeira; os roubos descenden á metade
Os delitos incrementáronse na vila un 15 % no primeiro semestre do ano
En Ribeira aumentan as liortas e os delitos de lesións e diminúen os roubos. Son datos do balance de criminalidade do Ministerio de Interior. Ata agora o incremento de delitos é un pouco máis do seis por cento, sendo un total de 620 delitos cometidos este ano, fronte aos 582 cometidos en 2021.
Estes datos son do primeiro semestre, ata xuño, e non inclúen os datos do verán onde hai máis visitantes e turistas nas vilas con costa como é o caso de Ribeira, onde acode moita xente ás celebracións estivais e festas, polo que os datos poden modificarse no balance de final de ano.
As leas e os delitos de lesións incrementáronse en máis do 70 por cento. Pasaron a ser 12 dos 7 do 2021. Na maioría dos casos están relacionados coa venda de droga, xa sexa entre consumidores ou entre vendedores a pequena escala.
Un dos casos máis graves foi un intento de homicidio nun edificio de Abesadas, que estaba ocupado ilegalmente e onde un veciño de Rianxo bateu na cabeza cunha panca de ferro a un inquilino do lugar, coñecido co alcume de Coco. A policía detivo ao agresor que está na cadea e a vítima quedou con secuelas graves.
O total de delitos medrou un quince por cento sendo o total de 481. Destacando os actos da vandalismo e os delitos telemáticos. Neste balance tamén se inclúen o roubo de tres vehículos e o descenso dos casos de tráfico de drogas.
Tamén descendeu os roubos en vivendas e negocios e os roubos con violencia e intimidación que pasaron de 88 a 38 que agora son a metade dos que se producían, debido a detención de ladróns reincidentes que pouco a pouco ven como van aumentando os anos de cadea con cada delito que cometen.