Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de nove millóns de portugueses están chamados ás urnas este domingo nas eleccións municipais

Máis de nove millóns de portugueses están chamados ás urnas este domingo nas eleccións municipais

 

O presidente luso anima a votar aos cidadáns porque os próximos anos son "decisivos" para o uso de fondos da UE, asegura

G24.gal 12/10/2025 10:15

Máis de 9,3 millóns de portugueses están chamados este domingo ás urnas nunhas eleccións municipais que poden redefinir o poder local dos próximos anos, uns anos que, segundo o presidente luso, son decisivos para o uso dos fondos da Unión Europea. Marcelo Rebelo de Sousa, como é tradición en Portugal, dirixiuse á nación na véspera dos comicios a través dun discurso televisado.

O presidente de Portugal animou os cidadáns a acudir ás urnas, e explicou que do Plan de recuperación e resiliencia (PRR) da UE para Portugal executáronse 9.000 millóns de euros, co que aínda quedan 13.000 millóns de euros por asignar aos destinatarios finais.

"Boa parte deses elevadísimos recursos pasarán polo poder local, o que vai esixir un esforzo inmenso por parte dos alcaldes, concelleiros, deputados municipais, presidentes de xunta de freguesía, vogais de xuntas de freguesía e os membros das asembleas de freguesía", enumerou.

Rebelo de Sousa resumiu dicindo:

"Nunha palabra, votar mañá non é só votar naquelas e aqueles que coñecemos mellor, senón tamén votar para que se executen millóns que ninguén máis está a votar".

Nestas eleccións municipais vanse renovar 308 alcaldías, 308 asembleas municipais e 3.221 asembleas de freguesía, que é unha subdivisión dos municipios que se corresponde coas antigas parroquias civís.

A estas súmanse 37 freguesías, que por teren menos de 150 electores, decidirán a súa distribución de poder en plenos de cidadáns.

Ás municipais do domingo concorren uns 80 partidos, coalicións e movementos de cidadáns, co transfondo da crise de vivenda que afecta non só a grandes cidades senón tamén a localidades máis pequenas.

A incógnita da votación é cal vai ser o comportamento electoral do partido de ultradereita Chega, despois de lograr o terceiro posto nos comicios lexislativas de maio en número de votos e quedar de segundo na cifra de escanos no Parlamento.

Coa crise de vivenda de fondo entre outros problemas sociais que atravesa o país, o presidente de Portugal destacaba no seu discurso que non acudir a votar nestas municipais de 2025 é renunciar a unha oportunidade única de beneficiarse dunha situación financeira que é irrepetible e agregou que supón en certa medida renunciar a non intervir na solución a problemas concretos, como a sanidade, a educación, a vivenda, o transporte, a seguridade, as estradas ou o medioambiente.

Os centros de votación abriron este domingo ás oito da mañá, hora local e van pechar ás 19 horas en Portugal peninsular e en Madeira. Nos Azores pecharán unha hora máis tarde, por atoparse nun uso horario diferente.

Marcelo Rebelo de Sousa, presidente da República Marcelo Rebelo de Sousa, presidente da República
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade