Publicador de contidos

Publicador de contidos

Israel prepara xa o intercambio de prisioneiros

Israel prepara xa o intercambio de prisioneiros

Milleiros de persoas saen ás rúas en Tel Aviv para esixir a liberación dos reféns

O exército de Israel publicou un vídeo que amosa a Witkoff e Kushner supostamente visitando Gaza

Milleiros de gazatís, desprazados durante a ofensiva israelí, regresaron aos seus fogares en ruínas

A oficina humanitaria das Nacións Unidas afirma que Israel permitiu comezar a transportar 170.000 toneladas de axuda a Gaza
 

G24.gal 11/10/2025 21:14 Última actualización 11/10/2025 21:34

Os preparativos están en marcha na base militar de Reim, no sur de Israel, ante a esperada liberación de reféns, que se producirá, segundo anunciou Trump, este luns.

As autoridades israelís comezaron a preparar o intercambio de prisioneiros, trasladando presos a outros cárceres. O exército de Israel publicaba un vídeo que amosa a Witkoff e Kushner supostamente visitando Gaza.

O pai dun refén israelí espera emocionado o regreso de seu fillo:


"Non preparamos nada, (...) esperamos que nos chamen para ir a Reim e atoparnos co noso fillo."


Unha vez que as tropas israelís se retiraron da primeira liña, Hamás ten 72 horas para liberar os 48 reféns israelís, dos que 20 seguen con vida.
Israel liberará 250 palestinos que cumpren longas condenas nas súas prisións e 1.700 detidos capturados durante estes dous anos de conflito bélico. Netanyahu visitou un hospital que se prepara para recibir os reféns liberados por Hamás.

E mentres, milleiros de gazatís, desprazados durante a ofensiva israelí, regresaron aos seus fogares en ruínas, esperanzados polo plan de paz e á vez conscientes da devastación que ían atopar.


"A miña casa, que construín hai 40 anos, desapareceu nun instante. Non me queda ninguén", di un home palestino.


O luns Trump viaxa a Xerusalén e a Exipto. Será en Exipto precisamente onde se celebre o acto da firma do acordo de paz. Asistirán os Estados Unidos, os principais países árabes e algúns europeos, entre eles, España; A Moncloa confirmaba a asistencia de Pedro Sánchez.

A oficina humanitaria das Nacións Unidas afirma que Israel permitiu comezar a transportar 170.000 toneladas de axuda a Gaza se se mantén o alto o fogo. Espérase que centos de camións cheguen cada día a Gaza transportando alimentos e axuda médica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade