Rueda aposta por fortalecer o papel das comunidades para construrír unha España plural
O presidente da Xunta dixo que o proxecto común de España debe basearse na cooperación leal entre territorios
Na véspera da celebración do Día da Hispanidade o presidente da Xunta reivindicou o papel destacado de Galicia e de España no resto do mundo, especialmente en América latina.
"Reivindicar a potencia e a oportunidade que ten o noso país e, polo tanto, cada comunidade autónoma, no fenómeno da hispanidade no mundo", afirmou Alfonso Rueda.
Nun acto en Madrid, Rueda apostou por fortalecer o papel das comunidades autónomas para construír unha España máis plural e cohesionada. O presidente Rueda dixo que o proxecto común de España debe basearse na cooperación leal entre territorios.
"Todas as comunidades autónomas queremos que lle vaia ben ao resto, naide quere mellorar a costa das demais. Ao final se nos vai ben a todo o conxunto iralle ben á nación da que formamos parte", concluíu.