Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de catrocentos condutores de motobombas refrescan coñecementos e aprenden novas técnicas

Máis de catrocentos condutores de motobombas refrescan coñecementos e aprenden novas técnicas

Os cursos desenvólvense simultaneamente nas catro provincias galegas de cara á campaña antiincendios

O obxectivo desta formación específica é que non haxa ningunha incidencia e reforzar a seguridade

G24.gal 23/05/2025 14:24

Estanse a desenvolver nas catro provincias galegas de xeito simultáneo cursos específicos para actualizar a formación dos condutores de camións motobombas de Medio Rural e que coñezan as últimas novidades técnicas. Faise todos os anos con vistas ao verán para que nada falle na campaña antiincendios.

Unha vintena de condutores de motobombas dos distritos forestais de Ourense comezan no aeródromo da Antela as prácticas do día.

Proban tamén como atallar o lume con escuma retardante a través dos novos modelos de pick-up con motores de catro tempos.

O obxectivo é profesionalizar estes condutores e darlles as máximas ferramentas posibles para que na campaña antiincendios non haxa ningún incidente. Tamén aprenden a solucionar avarías. 

Medio Rural conta con preto de medio milleiro de condutores de motobombas; estes cursos desenvólvense antes do verán de xeito simultáneo nas catro provincias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade