Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 36.000 alumnos galegos optan polas ensinanzas artísticas

Máis de 36.000 alumnos galegos optan polas ensinanzas artísticas

Unha mostra de todo o abano formativo que ofrece Galicia para artes, deportes e idiomas pódese ver o 18 e 19 de abril na Cidade da Cultura

Hai desde escolas de arte dramática ou deseño de xoias, ata estudos de restauración de bens culturais

G24.gal 18/04/2024 14:27

"A cultura move moitas emocións. Hai música que se estás mal che axuda a levantarte; ou un libro, unha obra, unha película que conecta contigo nun momento crucial e che serve de sustento", explican dúas mozas que queren ser actrices. 

"Ás veces tes que estar no que pensa o teu corazón, e non no que pensará o teu peto. Por iso estamos aquí a ver o que nos ofrece o mundo", relata unha moza de bacharelato, que non pensa dedicarse ás artes pero que valora o que os profesionais destas disciplinas lles ofrecen á sociedade. 

Son os que espertarán as nosas emocións, nos farán pensar, nos achegarán beleza e nos conectarán coa nosa parte máis esencial como persoas teñen oportunidades de formación en Galicia. Conservatorios de música e danza, escolas de artes e oficios...

"Estamos a falar dos centros que imparten artísticas, aproximadamente 36.000 alumnos", detallou Román Rodríguez, o Conselleiro de Educación.

"Hai unha oferta de alta calidade onde se poderán formar as persoas que van ser o futuro da cultura en Galicia", engadiu o novo titular de Cultura, José López.

Elisa González, a vicedirectora da Escola de Arte Superior de Deseño Mestre Mateo, explica que no seu centro teñen deseño de moda e de produto. Tamén fotografía ou xoiería artística. É un tipo de escolas, como a de Arte Dramática, nas que é frecuente atopar persoas moi vocacionais.

Nunha exposición, con obradoiros e demostracións, de máis de 4.000 metros cadrados, o alumnado pode coñecer hoxe e mañá a oferta que hai se quere dedicarse ás artes, aos deportes ou ao estudo de idiomas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar