Maiores na universidade gravan unha miniserie sobre o Camiño de Santiago
Son doce estudantes do Programa Universitario de Maiores do Campus de Ourense
A miniserie consta de seis capítulos, o primeiro deles en formato documental; os restantes recrean unha ficción de cada etapa
O proxecto Doce no Camiño xurdiu da idea de Ramón Fernández, mestre e alumno ao mesmo tempo do PUM (Programa Universitario de Maiores) do campus de Ourense.
Elaborou un guión sobre as súas vivencias reais en distintos treitos da ruta xacobea.
A partir dese punto, xunto a doce estudantes voluntarios, emprendeu a preparación dunha miniserie que recrease esas etapas.
Un equipo de realización, encabezado por Diego Rodríguez, traballa de xeito coral na gravación.
A miniserie consta de seis capítulos.
O primeiro deles xa está gravado e recolle en formato documental como os propios alumnos preparan e ensaian a ficción que rodarán nos capítulos restantes.