Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mackay explica a súa baixa: sufriu varios desmaios que o levaron ao hospital

Mackay explica a súa baixa: sufriu varios desmaios que o levaron ao hospital

Tras pasar diferentes probas cardiolóxicas, o porteiro do club branquiazul recibiu a alta médica

Sobre a destitución de Borja Jiménez: "Había moitos factores, e non estabamos a dar rendemento. Non estabamos soltos de todo, non estabamos a facer o que sabemos"

Foto @RCDeportivo
G24.gal 13/10/2022 18:02 Última actualización 13/10/2022 18:09

Ian Mackay revela que a súa baixa se debeu a que sufriu varios desmaios que o levaron ao hospital. 

Mackay non puido estar presente o pasado domingo no partido que enfrontou o Deportivo e o Raio Majadahonda por unha indisposición.

Tras pasar diferentes probas cardiolóxicas, o porteiro do club branquiazul recibiu a alta médica para poder estar ao dispor do seu novo adestrador Óscar Cano, recentemente chegado á Coruña.

"O xoves estaba a cear tranquilamente e xurdiu un episodio de desmaios. Atopeime mal e fomos ao hospital. Pasei a noite en observación. Ata o día seguinte non me deron a alta [hospitalaria] e, ata que saíron as probas ben, o cardiólogo non me deu permiso para reincorporarme aos adestramentos. O luns adestrei algo en Abegondo para que fixesen as últimas probas e saíron todas ben", desvelou nunha rolda de prensa

O gardameta, segundo capitán do Deportivo, tamén se referiu ao cambio de adestrador no conxunto coruñés.:

"Había moitos factores, e non estabamos a dar rendemento. Non estabamos soltos de todo, non estabamos a facer o que sabemos. Non me gusta falar diso aquí, temos que falar no campo", indicou.

Mackay sinalou que "son decisións que veñen de arriba", en alusión á dirección do club, e que se xustifican polas sensacións e os resultados do equipo:

"Non son os resultados que nos gustarían nin estivemos ao nivel que tiñamos que estar a dar. Eu póñome de primeiro. Decidiron este cambio de rumbo e oxalá vaia ben e vaiamos cara arriba", afirmou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade