Publicador de contidos
Publicador de contidos

Macarena Olona di que serán os "españois quen a manden para a casa"

Macarena Olona di que serán os "españois quen a manden para a casa"

A que fora candidata á Junta de Andalucía respondía así á decisión dos dirixentes de Vox de pecharlle a porta da volta á formación

G24.gal 23/09/2022 20:47

Macarena Olona pronunciouse este venres sobre a decisión de Vox de pecharlle a porta para regresar á formación.

A que foi candidata de Vox á Junta de Andalucía afirmou que serán os españois os que decidan a súa retirada da política e non o que ata hoxe, dixo, foi o seu partido.

"Cando me dixeron este é o final do camiño eu respondo que non. Isto é so o principio e serán os españois os que me digan cando marchar para a casa", dixo Macarena Olona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade