Abascal nega responsabilidades en Torre Pacheco pero di que non dará un paso atrás
O presidente de Vox Santiago Abascal negou calquera responsabilidade nos disturbios de Torre Pacheco pero advertiu de que o seu partido non dará un paso atrás na súa política contra a inmigración ilegal, incluídas as deportacións masivas de irregulares e regulares que delincan ou non se adapten, sobre as que pediu consultar os cidadáns nun referendo.
"Non sei se traemos crispación ou non, pero antes a crispación a que os españois estean calados ante a migración ilegal, roubos e machadazos. Se a verdade trae crispación, haberá crispación", avisou Abascal nunha conferenica de prensa tras os disturbios en Torre Pacheco.
O líder da formación de ultradereita, que prognosticou un verán duro de agresións, negou calquera responsabilidade de Vox nos incidentes e atribuíunos exclusivamente á política de efecto chamada que, na súa opinión, promoven PP e PSOE.
A preguntas dos xornalistas sobre as cacerías de inmigrantes en Torre Pacheco, condenou a "violencia importada" e acusou o ministro do Interior Fernando Grande-Marlaska de estar detrás das violacións ás mulleres españolas, das coiteladas e da violencia.
"A súa política criminal trae estas cousas", recalcou.