Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis dun 80 por cento de ocupación nas casas rurais nesta ponte festiva

Máis dun 80 por cento de ocupación nas casas rurais nesta ponte festiva

A maior parte das reservas foron de última hora

No mes de outubro a ocupación en fin de semana chegou ao 90 por cento

 

 

Nas casas rurais da Estrada chegouse ao 90 por cento de ocupación
G24.gal 01/11/2021 14:18

Esta ponte de Defuntos foi moi positiva para o Turismo Rural. Superaron o 80 por cento de ocupación, cifras que non se rexistraban dende antes da pandemia.

Moitas das reservas foron de última hora, debido ao cambio nas previsións do tempo. O bono turístico da Xunta e o Bono Gastronómico de Outono semella que influíron neste incremento ocupacional.

Ademais no total do mes de outubro as fins de semana chegouse a unha ocupación do 90 por cento, un dos mellores datos dende que se teñen rexistros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade