Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luismi "Ver o Pontevedra este ano significa ver goles e bo xogo"

Luismi "Ver o Pontevedra este ano significa ver goles e bo xogo"

O analista do Pontevedra  e técnico do filial pasou polo Galicia en Goles para debullar a actualidade da 2ª RFEF

G24.gal 05/02/2022 10:36

Como responsable de estudar a tódolos rivais do conxunto do Lérez, Luismi Areda é un bo protagonista para coñecer de primeira man o que está a acontecer na cuarta categoría do fútbol español, comenzando polo intratable líder, o inexpugnable Unión Adarve,que lle saca 5 puntos ao Pontevedra.

"Teñen un convencemento pleno, sacan moito rendemento aos goles que meten. Están preparados para competir moi ben. Encaixa moi pouco. Na súa casa non deixou ningún punto e aí comeza a construír o que están a facer. O bo arrinque deulles unha confianza que están a aproveitar. Aínda non pasou o seu momento delicado."

Sobre o Pontevedra, o segundo clasificado, Luismi Areda falou sobre o papel do técnico Ángel Rodríguez no xogo do equipo.

"Os números e o xogo están dicindo que é un Pontevedra dominante. Estanse gañando partidos e facendo un xogo combinativo, asociativo e sacando resultado, que é o que vale. Ver o Pontevedra este ano significa que vas ver goles e bo xogo, e iso gusta. É unha cidade futboleira e cada vez hai máis xente no estadio"

Sobre o resto dos conxuntos galegos, Luismi analizou o xogo  e as posibilidades de cada un deles.

"Así como o Compostela de Yago era máis combinativo e elaboraba máis o ataque, este ano é máis vertical, buscan a portería de maneira máis directa. Non necesitan ter tanto o balón pero cada vez que o colle fai máis dano. O Bergantiños estivo moi ben, nas últimas xornadas está sendo máis irregular. Tense que facer forte en Carballo e a partir de aí puntuar fóra. É certo que perdeu puntos nos últimos minutos. No Arousa  o máis chamativo é que leva os mesmos goles a favor que en contra. É moi equilibrado. Tamén lle falta regularidade, coller confianza de partidos sen perder. Coruxo é a excepción, agardabamos que estivesen loitando entre os 5 primeiros, por ser un plantel asentado. Teñen xogadores moi bos con experiencia na categoría. Os irmáns Montes coñecen moi ben o club e aos xogadores. Creo que farán unha 2ª volta boa e quedarán en zona morna. Por último o Arenteiro debería levar máis puntos dos que ten. Non tiveron ese chisco de sorte ou ter acerto en ataque. Levan poucos goles a favor. Os reforzos darán un salto de calidade"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade