Luis de la Fuente substitúe a Luis Enrique á fronte da selección española
Comunicado da Federación: "A RFEF quere agradecer o traballo de Luis Enrique e todo o seu corpo técnico á fronte da Selección nacional absoluta ao longo dos últimos anos"
Luis de la Fuente era o adestrador da selección sub-21
A RFEF elixiu a Luis de la Fuente como novo seleccionador nacional absoluto. O director deportivo, José Francisco Molina, trasladou un informe ao presidente, Luís Rubiales, en que recomenda a elección do técnico rioxano, ata o de agora seleccionador sub-21, para liderar a nova etapa que comeza despois do Mundial de Catar.
O novo seleccionador debutará en marzo na fase de clasificación para a Eurocopa 2024 de Alemaña e dirixirá os seus dous primeiros partidos contra Noruega e Escocia. Luis de la Fuente sería presentado o luns 12 de decembro ás 12:30 horas no salón Luis Aragonés da Cidade do Fútbol
🔴 OFICIAL | La @RFEF confía en Luis de la Fuente como nuevo seleccionador nacional @SEFutbol
— RFEF (@rfef) December 8, 2022
✏️ La junta directiva debe aprobar el nombramiento el próximo lunes
🔗 https://t.co/Pj4Wf6McMx#VamosEspaña pic.twitter.com/V3iIvR5EUx
O nomeamento de Luis de la Fuente chega despois de que a eliminación de España ante Marrocos no Mundial de Catar, provocara a non continuidade de Luis Enrique. Este é o comunicado federativo:
"A dirección deportiva da RFEF trasladou ao presidente un informe en que se determina que debe arrincar un novo proxecto para a selección española de fútbol, co obxectivo de continuar co crecemento alcanzado nos últimos anos grazas ao traballo realizado por Luis Enrique e os seus colaboradores. Tanto o presidente, Luís Rubiales, como o director deportivo, José Francisco Molina, transmitiron ao técnico a decisión adoptada. O adestrador asturiano conseguiu dar un novo impulso ao combinado nacional desde a súa chegada, en 2018, a través dunha profunda renovación que consolidou unha substitución xeracional no equipo e no fútbol español".
Luis Enrique conseguiu a clasificación para dúas Final Four da UEFA Nations League, das tres que disputou como técnico; e alcanzou as semifinais da Euro 2020 cun selo propio e a través dun estilo definido. Apostou polo talento novo e sementou de esperanza o futuro da selección española. A RFEF desexa enerxicamente a mellor das fortunas a Luis Enrique e o seu equipo de traballo nos seus futuros proxectos profesionais. O técnico leva o agarimo e a admiración dos seus colaboradores na selección e de toda a Federación, que sempre será a súa casa".
🔴 OFICIAL | La @RFEF agradece a @LUISENRIQUE21 su trabajo al frente de la @SEFutbol
— RFEF (@rfef) December 8, 2022
🔗 https://t.co/6Cib6cpJ1l#GraciasLuisEnrique pic.twitter.com/wkAIMu2utd