Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luís Enrique anuncia trocos contra Alemaña e considera o partido "como unha final"

Luís Enrique anuncia trocos contra Alemaña e considera o partido "como unha final"

"O primeiro resultado fainos ser optimistas pero tamén realistas", asegurou o adestrador español

G24.gal 24/11/2022 21:26

No día posterior á goleada da selección española na súa estrea mundialista, España volveu aos adestramentos. Caras de felicidade e bo ambiente no adestramento pospartido. Os de Luis Enrique xa pensan no seu vindeiro rival, Alemaña. No partido que se disputará este domingo ás oito da tarde.

O seleccionador volveu falar a través da súa canle de twitch. Adiantou que haberá algún cambio no once do próximo encontro ante os alemáns, que ve como unha final, xa que de gañar pasarían á seguinte rolda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade