Luis Chacón volve cedido á Cultural Leonesa
O de Pontedeume xa xogou co conxunto leonés a última temporada
No seu último ano na Cultural anotou 12 goles e repartiu 5 asistencias

Luis Chacón repite a experiencia do ano pasado, ao abandonar o Deportivo cedido para xogar coa Cultural Leonesa unha temporada máis, nesta ocasión na Liga Hypermotion. A decisión foi acordada polo club e o xogador quen quería asegurarse de contar con minutos para asentarse no segundo chanzo do fútbol español e que no Deportivo non sabían se llos poderían garantir.
Chacón vén de realizar unha gran campaña en terras leonesas, ao anotar 12 goles e repartir 5 asistencias na última temporada sendo chave no ascenso á Liga Hypermotion. Luis Chacón incorporouse ao Deportivo no último verán despois dunha gran temporada co Arenteiro en 1ª RFEF.