Luis Barboo, o secundario vigúes de Hollywood
Un actor que fixo máis de 200 películas con grandes como Clint Eastwood
O protagonista neste 2026 é un secundario. Un deses secundarios os que todos vimos algunha vez nalgún western, nalgunha película de terror ou nalgunhas das moitas coproducións que Hollywood rodaba en Europa.
Clint Eastwoo coseuno a balazos en Por unha presada de dólares. Fixo a personaxe Barrios en Marco Antonio e Cleopatra dixida polo propio Chartlon Heston que ademais lle axudou coa súa pronunciación en inglés.
Foi un guerrilleiro en O vento e león canda Sean Connery. E converteu a Arnold Schwarzegger no temible Conan o bárbaro.
Moitos secundarios, moitos papeis, moitas películas. En máis de duascentas atopouno de momento Josiño Araujo, un cineasta, que prepara un documental sobre a figura de Barboo.
Bar Boo será o título do documental que está xa en plena produción. Participaran nel expertos, amigos e familiares da familia, porque Luis era fillo dun dos fundadores do Celta, Pepe Bar. E porén un gran descoñecido para moitos.
En Galicia só se conserva unha entrevista gravada con el. Precisamente nos arquivos da Televisón de Galicia. Era o ano 1991 e Barboo participaba no Bambán Club.
Barboo, era especialista, un forzudo, un acróbata, un malo de película que sabía vivir e sabía morrer.