Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luís Álvarez é o novo voceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia

Luís Álvarez é o novo voceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia

A executiva dos socialistas galegos acordou hoxe a remuda

Substitúe o exlíder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero 

G24.gal 15/01/2022 14:15

O Partido Socialista de Galicia oficializou este sábado a renovación do seu grupo parlamentario. Luís Álvarez será o novo voceiro do PSdeG na cámara galega en substitución de Gonzalo Caballero.

A executiva dos socialistas galegos acordou a designación do deputado lugués, veterano no Pazo do Hórreo, na xuntanza que mantivo este mediodía. 

Valentín González Formoso, o novo líder da formación tras gañar as primarias do partido en Galicia, transmitiulle este venres a decisión a Gonzalo Caballero, a quen lle agradeceu os servizos prestados.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade