Cargando resultados...
Última xornada do Arde Lucus, coas rúas cheas de romanos e castrexos
Aínda quedan moitas horas para gozar das actividades e espectáculos espallados por toda a cidade
G24.gal
21/06/2026 14:01
Domingo de tregua entre os romanos e os catrexos, a cidade de Lugo segue inmersa no seu pasado romano. Desfiles cos mellores traxes.
"A poboación de Lugo é unha marabilla, participa, cada vez se caracteriza mellor, a festa vai mellorando ano tras ano, grazas a xente de Lugo".
Noutros puntos da cidade están tamén os castrexos presumindo do seu pasado celtíbero, e defendendose dos romanos.
"Hai que manter o castro, hai que defender as posicións e iso esixe o que sexa necesario".
"É un día moi importante para cidade de Lugo, unha recreación histórica en que participa todo o mundo".
Centos de actividades completan esta última xornada do Arde Lucus.