Cargando resultados...
Lugo e Ponferradina aceptan un empate no derbi dos Ancares
Lugo e Ponferradina aceptan un empate no derbi dos Ancares
Non houbo goles nun partido con moito respecto por parte dos dous equipos
G24.gal
17/09/2023 23:16
O Lugo e a Ponferradina empataron sen goles no Anxo Carro. Non se podía permitir unha derrota o cadro lucense como local despois do 0-3 contra o Deportivo, e priorizou o aspecto defensivo ante outro equipo con moito potencial.
As ocasións foron escasas. Destacamos unha de Ernesto para a Ponferradina e outra de Antoñín Cortés para un Lugo en que debutaron como titulares as dúas últimas fichaxes: Jozabed e Johaneko.