Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lucas Yáñez, campion mundial de patinaxe, procura financiamento para competir na Arxentina

Lucas Yáñez, campion mundial de patinaxe, procura financiamento para competir na Arxentina

Lucas xa recadou 1900 euros en tan só tres días

G24.gal 01/06/2023 15:55 Última actualización 01/06/2023 16:04

Lucas Yáñez, dúas veces campión mundial júnior de patinaxe artística, está á caza dun soño: gañar a Copa do Mundo absoluta.

Fronte a iso está a falta de apoios e de cartos, que o obrigan a facer unha colecta pública para poder estar na final a mediados de mes na Arxentina.

"Precisamos bastantes cartos para ir alí".

En apenas tres días, Lucas xa recadou 1900 euros. Séntese agradecido, pero lamenta ter que recorrer ao micromecenado.

"A Federación apoia un pouquiño e as empresas necesitas deportes que sexan visibles".

A súa é esa loita da que tanto saben maioría dos deportistas que non ocupan o primeiro plano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade