Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha cadea de hipermercados invita os clientes a facer a compra sobre patíns

Unha cadea de hipermercados invita os clientes a facer a compra sobre patíns

A iniciativa xorde para lembrar que cando este negocio abriu as súas portas era habitual ver os traballadores deslizarse sobre patíns

Os clientes interesados teñen oportunidade de facelo ata o 31 de agosto, entre as catro e media e as cinco e media da tarde 

A idea xurdiu da nostalxia por comentarios feitos nas redes sociais
G24.gal 31/07/2025 19:13 Última actualización 31/07/2025 19:52

Cando este establecemento abriu as súas portas era habitual ver os traballadores desprazarse sobre patíns. Lembra unha clienta que cando nas caixas para pagar faltaba algo chamaban e "viñan en patíns". Outro engade que "se axilizaba moito". 

Desde hai uns días, e ata finais de agosto, os que poden usar os patíns son os clientes. É unha campaña promovida pola propia cadea de supermercados.

A idea xurdiu da nostalxia, por comentarios feitos nas redes sociais. Asegura o responsable de Carrefour en Lugo que "queriamos lembrar aquelas épocas en que tiñamos patinadores. Agora a xente pode vir cos seus patíns. É para todas as xeracións e que veñan pasar un momento divertido no centro comercial".

A compra con patíns pode facerse entre as 16:30 e as 17:30. Din varios clientes que lles parece "unha boa idea", sempre e cando "non interrompan o resto de compradores".

Anímense, é unha forma divertida de facer a compra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar