Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lucas Pérez esquécese do Celta B e Claudio Giráldez quere pensar que é un "lapso"

Lucas Pérez esquécese do Celta B e Claudio Giráldez quere pensar que é un "lapso"

O dianteiro do Deportivo desexoulle sorte ao Rácing, pero non tivo palabras para o filial do Celta

G24.gal 25/05/2023 14:55 Última actualización 25/05/2023 15:13

Na rolda de prensa previa ao partido de Pasarón ante o Pontevedra, Lucas Pérez desexoulle sorte ao Racing de Ferrol:

"Toda a sorte para o Racing. É un equipo galego e que teña toda a sorte do mundo. Non puidemos estar onde eles e espero que nos vexamos en Segunda".

O dianteiro do Deportivo esqueceuse do Celta B , que tamén loita polo ascenso na Malata. Claudio Giráldez, respondeulle:

"Imos pensar que foi un lapso. Coñezo a Lucas Pérez. Pero si é certo que todo o mundo se esquece un pouco do Celta B e, malia ser un filial, estamos na mesma categoría".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade