Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Louzán: "Foi un traballo moi complexo, pero os seareiros demandaban a selección galega"
O presidente da Federación Galega falou da dificultade de traer a Panamá, equipo que vai xogar a vindeira Copa América
                            G24.gal
                        
                            22/05/2024 21:49
                        
                        
                        
                        
                    
                    O próximo venres, día 31, en Balaídos vaise celebrar o amigable Galicia-Panamá, unha selección que prepara a Copa América. Diego Martínez dará a coñecer a convocatoria de Galicia o próximo martes. Poderemos ver este encontro na primeira canle da galega a partir das 20:00 horas.
O presidente da Federación Galega Rafael Louzán lembraba que este é un partido moi agardado e que será especial pero tamén recoñeceu "o díficil e complexo que foi o traballo para traer a selección galega ante un rival de entidade como Panamá". "Era unha demanda dos seareiros e dos medios de comunicación", comentou o presidente da Federación Galega.
 
         
                
                
				   
            