Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lousa de Valdeorras en París

Lousa de Valdeorras en París

Máis de dez mil pezas para a cúpula da comisaría que está a carón de Notre Dame

Máis do 90 % da lousa que sae de Galicia vai para fóra de España

G24.gal 08/05/2023 16:20

A lousa galega recobre algúns dos monumentos máis emblemáticos do mundo. Un dos últimos lugares aos que chegou está no corazón de París. Máis de dez mil lousas procedentes de Valdeorras e talladas á man, unha a unha, recobren estas cúpulas de 6 metros de diámetro que locen xa no corazón de París, sobre a comisaría situada ao carón de Notre Dame. 

Únese así á rehabilitación doutros edificios emblemáticos como a Escola Militar de París ou o Pazo da Bolsa de Bordeos, onde tamén se empregou lousa galega, espallada por monumentos de todo o mundo.

Un uso que se combina con construcións máis vangardistas grazas á calidade do produto e a súa sostibilidade. Máis do 90 por cento da lousa que sae de Galicia vai para fóra das nosas fronteiras. Case a metade para Francia, seguida do Reino Unido e Alemaña, aínda que chega aos cinco continentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar