Cargando resultados...
Longas ringleiras no consulado de Venezuela en Vigo para rexistrarse para poder votar
O prazo para as inscricións remata o vindeiro 16 de abril

G24.gal
09/04/2024 11:46
Venezolanos residentes en Galicia forman estes días ringleiras diante do consulado de Vigo para inscribirse no censo e poder votar nas eleccións presidenciais de xullo.
Poden facelo, por fin, despois de case tres semanas de atraso na apertura do rexistro, unha demora que motivara as protestas dunha comunidade que en Galicia agrupa 42.000 persoas e que só terá ata o vindeiro día 16 para inscribirse.