O Rácing de Ferrol chega aos 8.500 abonados
O Rácing de Ferrol chega aos 8.500 abonados
O Rácing reabrira a súa campaña de abonados tras contabilizar 679 asentos vacantes
O Rácing alcanzou a gran cifra de 8.500 abonados. O estadio da Malata rexistrou hoxe unha importante afluencia de público desde primeira hora da mañá deste mércores, xornada en que o Rácing de Ferrol reabriu a súa campaña de abonados tras contabilizar 679 asentos vacantes por non renovar outros tantos socios os seus carnés da pasada tempada.
Os asentos saíron á venda desde as dez da mañá, pero un nutrido grupo de afeccionados foise congregando nas inmediacións do estadio desde varias horas antes. Os prezos dos abonos para esta tempada oscilan entre os 245 euros en Tribuna para persoas de 30 a 65 anos de idade e os 10 euros que teñen que desembolsar os menores de ata 12 anos para calquera das bancadas do recinto.
💚🚀Non podemos ter máis sorte con esta afección!
— Racing Club Ferrol (@racingferrolsad) September 20, 2023
O racinguismo sempre responde
GRAZAS!#xasomos8500 #FerrolMola pic.twitter.com/0QpxovNl6a