Publicador de contidos

Publicador de contidos

Loito por Modesto Seara, líder do primeiro PSdeG

Loito por Modesto Seara, líder do primeiro PSdeG

Foi o fundador do Sistema Estatal de Universidades de Oaxaca, en México 

G24.gal 27/12/2022 20:53 Última actualización 27/12/2022 21:04

Morreu en México Modesto Seara, líder do Partido Socialista de Galicia nos anos da transición. Faleceu a noite do luns aos 91 anos de idade na cidade de México D.F.

Tiña 91 anos e no 2012 a súa traxectoria tanto en México como en Galicia, fóralle recoñecida cunha Medalla Castelao.

Natural de Allariz, hai só dous aínda exercía como reitor do sistema estatal de universidades de Oaxaca, que el mesmo fundou.

Loitador antifranquista, implantou o Partido Socialista en Galicia no que militou ata 1983. Daquela abandonou a política pola universidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade