Publicador de contidos

Publicador de contidos

Loitar contra a violencia machista invisible desde os centros de saúde

Loitar contra a violencia machista invisible desde os centros de saúde

As enfermeiras de atencion primaria do barrio vigués da Lavadores poñen en marcha unha área da muller para detectar agresións machistas ocultas

G24.gal 10/03/2023 14:36

Coñecedoras da problemática e da complexidade da violencia machista, un grupo de enfermeiras do centro de saúde de Lavadores decídese a montar unha área de Responsabilidade da Muller. Explícannnos que a atención aos casos de violencia física que provocan lesións está xa perfectamente protocolizada, pero queren chegar a outros casos onde esa violencia non é visible

"A Atención Primaria traballa cos pacientes de xeito habitual e coñece ben o seu contexto familiar. E ás veces vemos problemas de ansiedade e depresión que poden agochar outros problemas", Carme Durán, xefa de servizo do centro de saúde de Lavadores .

Procesos que son ás veces resultado dun clima de violencia sostido. A inciativa é aínda incipiente, pero xa foi incluída no Programa de Saúde Local, destinado a que os centros de saúde sexan máis permeables cos problemas sociosanitarios concretos da comunidade á que serven.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade