Publicador de contidos

Publicador de contidos

A despedida de Mataix: "Voume do Baxi co corazón cheo, Ferrol sempre será especial"

A despedida de Mataix: "Voume do Baxi co corazón cheo, Ferrol sempre será especial"

A capitá confirmou a súa marcha do conxunto ferrolán despois de tres tempadas

G24.gal 13/05/2025 12:31 Última actualización 13/05/2025 12:39

Àngela Mataix, base e capitá do Baxi Ferrol, confirmou o seu adeus ao club da cidade naval leste mesmo martes a través dun texto compartido nas súas redes sociais. Despois de tres tempadas nas que o seu xogo madurou no parqué da Malata, logrando ser convocada pola Selección Española.

"Tiven a sorte de ter a oportunidade de fichar por un club humilde pero con grandes valores, onde puiden crecer en todos os ámbitos da miña vida e sentinme querida desde o primeiro momento que cheguei".

Na súa carta de despedida, recoñece que "non imaxinou nunca ata onde chegamos: campioas LF Challenge, Copa da Raíña, dous playoffs e subcampioas da Eurocup", subliñando que os méritos non foron froito da sorte, senón de "un traballo incansable de moitas persoas que están detrás deste club de maneira desinteresada".

"Agora tócame pechar esta etapa e emprender un novo camiño, pero vou co corazón cheo e unha mochila cargada de recordos que gardarei sempre", traslada a xogadora.

Agradece o apoio de "cada persoa que formou parte desta viaxe, dentro e fóra da pista", aos que di que "me fixestes sentir como na casa, como en familia".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos