Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha persoa queda ferida tras unha colisión entre un guindastre e un furgón nas Pontes

Unha persoa queda ferida tras unha colisión entre un guindastre e un furgón nas Pontes

No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os bombeiros do Parque do Eume, axentes da Garda Civil e de Policía Local das Pontes, Protección Civil e os servizos de mantemento da vía

Consorcio Contraincendios e de Salvamento A Coruña Consorcio Contraincendios e de Salvamento A Coruña
G24.gal 13/05/2025 13:27

Un condutor quedou ferido este martes tras verse implicado nun accidente entre un furgón e un vehículo guindastre ocorrido na AG-64, á altura do municipio das Pontes segundo informaron o CIAE 112 Galicia e o Consorcio Provincial Contraincendios e de Salvamento.

O sinistro ocorreu sobre as 6:30 horas da mañá, no punto quilométrico 27, á altura de Espiñaredo, en dirección Ferrol, e foi o condutor do guindastre o que contactou con Emerxencias para informar de que tivera un accidente, unha colisión por alcance, no que estaba tamén implicado un furgón.

Ao principio parecía que o condutor do furgón quedou atrapado, aínda que finalmente puido saír do vehículo polo seu propio pé e foi evacuado en ambulancia a un centro sanitario.

No operativo participaron, ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os efectivos dos bombeiros do Parque do Eume, que se encargaron da limpeza da vía; axentes da Garda Civil e de Policía Local das Pontes, membros de Protección Civil e os servizos de mantemento da vía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade