Cargando resultados...
Logo de 9 xornadas invicto, o Pontevedra sucumbiu en Butarque
Os granates perderon 0-2 contra o filial do Leganés malia xogar cun futbolista máis durante máis de 35 minutos
G24.gal
05/02/2022 18:00
Todo aconteceu no segundo tempo. O Pontevedra non foi quen de aproeveitar a superioridade numérica e perdeu logo de 9 xornadas invicto.
Curiosamente, na ida os granates xogaran cun futbolista menos boa parte do partido, e o filial do Leganés non fóra quen de aproveitar a oportunidade. Desta volta foi ao contrario, logo do tanto de Aymane Mourid no 48', o propio autor do gol foi expulsado.
Ángel Rodríguez fixo cambios e o seu equipo foi a pola vitoria. Pero con máis corazón que fútbol non xeraron demasiadas opcións de perigo. Ao final, Javi Rubio no 95' roubou o balón no centro do campo e sentenciou o encontro co definitivo 2-0.