Publicador de contidos

Publicador de contidos

Localizan o corpo sen vida dunha persoa no porto de Oza

Localizan o corpo sen vida dunha persoa no porto de Oza

As forzas da orde traballan no lugar para tratar de esclarecer as circunstancias que rodean este suceso

G24.gal 27/05/2026 13:23 Última actualización 27/05/2026 13:40

O corpo sen vida dunha persoa foi localizado este mércores nas inmediacións do porto de Oza, na Coruña, concretamente na zona comprendida entre a praia e o porto de pesca.

Segundo informou o 112 Galicia, arredor das 11:40 horas, recibiuse a chamada dun particular que informaba da presenza dun corpo flotando na auga.

De inmediato, desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Tamén se requiriu a intervención dos Bombeiros da Coruña, de Protección Civil e dos axentes da Policía Nacional, Policía Local e Guardia Civil. Na actualidade, as forzas da orde traballan no lugar para tratar de esclarecer as circunstancias que rodean este suceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade