Localizan o cadáver dunha persoa aboiando nunha praia de Oleiros
Un grupo de surfistas atopou o cadáver na auga na praia de Bastiagueiro

Varios surfistas localizaron este sábado o corpo sen vida dunha persoa flotando no mar, na praia de Bastiagueiro, no concello coruñés de Oleiros.
Os deportistas levaron o corpo da persoa ao areal, onde os servizos sanitarios confirmaron o seu falecemento.
O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos ás 12:45 horas, a través do aviso dunha persoa a título particular. De maneira inmediata, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, da Garda Civil e do Servizo de Emerxencias de Oleiros.
Ademais, informaron do achado a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.
🔴#AXEGAInforma da localización do corpo sen vida dunha persoa aboiando no mar en #Oleiros, na Praia de Bastiagueiro.
— 112Galicia (@112Galicia) June 3, 2023
Varios surfeiros atopárono e o levaron ata o areal, onde os servizos sanitarios confirmaron o falecemento.
ℹ️ https://t.co/9IaPBHDgrI pic.twitter.com/vQFrZi6R7D