Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Localizan morto o veciño da Cañiza desaparecido dende o 31 de xaneiro
Estaba nas proximidades do río Valeixe
                        Unha axente no operativo de busca
            
                            G24.gal
                        
                            17/02/2024 20:53
                        
                        
                                Última actualización 17/02/2024 20:59
                        
                        
                    
                    O corpo sen vida de Manuel Álvarez Casal, un home de 56 anos veciño da Cañiza que levaba desaparecido desde o pasado 31 de xaneiro, foi localizado sen vida este sábado nas proximidades do río Valeixe.
Unha muller que paseaba pola zona observou o cadáver sobre as 17:30 horas e puxo a situación en coñecemento das forzas de seguridade ao crer que se podería tratar do home desaparecido.
A principios do mes de febreiro púxose en marcha un operativo de busca con axentes da Garda Civil, membros do GES de Ponteareas, de Protección Civil de Cortegada-Oitavén e voluntariado. Tamén participou o Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axega con drons.