Cargando resultados...
Localizado o home desaparecido en Vigo no mes de agosto
SOS Desaparecidos comunicou a desactivación da alerta pola desaparición do home de 65 anos
.jpeg)
G24.gal
26/11/2021 14:30
O home de 65 anos desaparecido en Vigo durante o pasado mes de agosto foi localizado, tal e como difundiu a asociación SOS Desaparecidos. A entidade comunicou a desactivación da alerta pola desaparición deste home, que fora visto por última vez o 1 de agosto pasado.
Fontes policiais indicaron que os seus achegados presentaran unha denuncia pola súa desaparición o pasado 17 de novembro na Comisaría. O motivo de que a denuncia se formalizase tres meses despois foi que os familiares deste home non tiñan contacto frecuente con el, polo que non se decataron da súa desaparición até mediados de novembro.