Publicador de contidos

Publicador de contidos

Localizado o cadáver dun veciño de Vigo desaparecido hai once días

Localizado o cadáver dun veciño de Vigo desaparecido hai once días

Polo de agora descoñécense as causas que lle puideron provocar a morte, á espera dos resultados da autopsia

G24.gal 10/05/2023 23:01

Unha persoa localizou este mércores o corpo sen vida dun veciño de VigoJosé Miguel Fernández Roldán, de 55 anos, que faltaba desde o pasado 19 de abril. A súa familia denunciara a súa desaparición ante a comisaría de Policía da cidade.

O achado produciuse nun descampado na rúa Vista do Mar, na parroquia de Teis. A súa identidade xa foi confirmada.

O corpo foi trasladado a dependencias do Imelga para practicárenlle a autopsia. Descoñécense as causas que puideron provocar o seu deceso e se o cadáver presentaba sinais de violencia, á espera de que se efectúen os estudos pertinentes.

Tras a denuncia da súa desaparición, a asociación SOS Desaparecidos emitiu unha alerta facilitando datos sobre a súa descripción. Entre outras cousas, sinalábase que se trataba dunha "persoa vulnerable".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade