Publicador de contidos

Publicador de contidos

Libros, música, teatro e cinema nas novas librarías

Libros, música, teatro e cinema nas novas librarías

O obxectivo é atraer público e dinamizar os barrios

G24.gal 24/09/2025 21:26 Última actualización 24/09/2025 21:52

En outubro por esta libraría pasarán o escritor e compositor Rayden e a poetisa e artista galega Lucía Aldao.

Unha pequena mostra da súa frenética actividade no barrio coruñés da Agra do Orzán.

"Temos un espazo que é como unha especie de aula de usos múltiples onde facemos desde feiras, pequenas obras de teatro ou unha actividade que mestura libros con viño e que cada mes dedicamos a un autor ou autora", explica Juan Rodríguez, co-xerente da libraría Galgo Azul.  

Libros, grolos e moito máis. É a carta de presentación do Galgo Azul onde hai ata butacas de cinema e un amplo catálogo de literatura infantil e xuvenil. 

En Monte Alto toca mergullarse no mundo dos libros de vello. Os da libraría Fiandón, especializada na compra/venda de segunda man.

"Ademais de libro levamos algo de música, de cinema. E logo no soto do Fiandón temos un espazo onde se poden celebrar actividades, presentacións, algún concerto e cousas dese estilo. Tamén temos algunha actividade cultural como, por exemplo, cursos de pandeireta", sinala Juan Pazos, dependente da libraría Fiandón Libros de Vello.    

Son diferentes estratexias para adaptarse en tempos dixitais. Para Juan Pazos o que ocorreu foi que "nos anos posteriores á pandemia se rexurdiu un pouco a necesidade da xente de ter acceso á cultura, pero dun xeito máis simple e tamén en certa medida máis económico", puntualiza. Desde a libraría Galgo Azul, Juan Rodríguez recoñece que "conseguindo construír este pequeno espazo social que facemos coa comunidade eu creo que ten futuro"".   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos