Publicador de contidos

Publicador de contidos

Liberan un toxicómano retido e torturado durante días nun narcopiso de Santiago

Liberan un toxicómano retido e torturado durante días nun narcopiso de Santiago

Outro toxicómano conseguiu refuxiarse na casa dunha veciña este verán

A veciñanza denunciou varias veces a problemática deste narcopiso, con ruídos e pelexas constantes 

22/01/2026 14:47

Detrás das cortinas, agóchase a casa dos horrores, un inferno para un toxicómano que pasou varios días retido polo seu camelo, antes de que o liberara a policía.

"Vin dous coches de Policía Nacional e dous camuflados e estaban facendo garda na porta".

"Había dous coches da policía fixo, non me acordo se máis, aparcados enriba da beirarrúa, e vin a dous axentes nun portal, custodiando o portal, que non entrara ninguén".

Tamén houbo unha ambulancia para evacuar a vítima, con golpes por todo o corpo. O seu verdugo mallou nel con sadismo. 

Non transcendeu quen deu o aviso, pero, antes de que chegaran as patrullas, dous homes golpearon en varias portas buscando un secuestrado. Os veciños nin se decataran. Nin viron nin escoitaron, ou quizais si, pero como tantas veces.

"Ruídos. Berran".

"Denunciamos isto porque trae problemas, máis ao lado do instituto. Lévano detido pero volve".

O interfono non ten parada, día e noite. 

"Veñen a cada momento, xente que está pola rúa e velos aquí a tocarlle á porta. Ábrelles a porta e dálles a mercadoría. É unha vergonza e unha pena. Teñen vido de noite e tirarlle pedras á ventá. Non sei que pasou con un que golpeouno e tirouno na rúa".

Fóra de cámara outra veciña conta outro episodio violento que viviu en primeira persoa este verán, doutro toxicómano que se librou do mesmo polos pelos.

Fuxiu polos tellados e entroulle na casa pola parte de atrás... pedíndolle que chamara a policía. Díxolle que o querían secuestrar.

Todo apuntaba a un deses problemas habituais no submundo das drogas, pero esta vez a xuíza mandou o suposto camelo a prisión por detención ilegal e por un delito de lesións.

Tamén investigan tres persoas máis por suposta colaboración. Polo menos unha é unha muller, posiblemente a que hoxe seguía contestando o interefono desa casa dos horrores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade