Publicador de contidos

Publicador de contidos

Liberan un condutor en Oleiros que quedou atrapado no coche tras bater cunha árbore

Liberan un condutor en Oleiros que quedou atrapado no coche tras bater cunha árbore

O único ocupante do vehículo estaba inconsciente cando chegaron os servizos de emerxencia e foi trasladado ao hospital en estado grave

G24.gal 10/07/2023 11:26

Un condutor quedou ferido de gravidade nun accidente de tráfico rexistrado en Oleiros esta madrugada. 

O coche saíu da vía e bateu frontalmente contra unha árbore. Ao chegaren os servizos de emerxencias, comprobaron que o único ocupante do vehículo estaba inconsciente.

Foi necesaria a intervención dos bombeiros para sacalo do interior do coche a través dunha das portas laterais e trasladalo ao hospital. O sinistro tivo lugar contra as 03:00 na estrada AC-173, á altura da parroquia de Dorneda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade