Publicador de contidos

Publicador de contidos

Levan os reloxos da nova estación de autobuses de Cangas

Levan os reloxos da nova estación de autobuses de Cangas

Os veciños denuncian actos vandálicos na zona durante as fins de semana

G24.gal 19/10/2022 13:44

Os dous reloxos que desapareceron estaban situados nun poste da plataforma onde agardan os viaxeiros. Formaban parte das novas instalacións da reformada estación de autobuses de Cangas, pero poucos días duraron no seu sitio.

Os viaxeiros sospeitan que se trata dun acto vandálico. Din que pouco antes realizaran pintadas nas cristaleiras acabadas de estrear. As advertencias de vixilancia non serviron para disuadilos.

Polo momento a Consellería de Infraestruturas está a recabar todos os datos sobre o sucedido e esta mesma semana presentarán a denuncia ante a Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade