Publicador de contidos
Publicador de contidos

Leo Bermejo, representante de Raúl García: "O Dépor sempre foi a súa primeira opción, aínda perdendo cartos"

Leo Bermejo, representante de Raúl García: "O Dépor sempre foi a súa primeira opción, aínda perdendo cartos"

G24.gal 13/07/2022 16:06

O representante de Raúl García Carnero, Leo Bermejo, atendeu a Zona mixta da Radio galega para confirmar que as negociacións para que o xogador recale no Deportivo están moi avanzadas

Volta á casa

"Estamos en conversas con Valladolid e Deportivo para ver se pode frutificar a fichaxe. Raúl está disposto a facer un moi importante esforzo económico para chegar á Coruña"

"A súa primeira opción sempre foi o Dépor neste mercado. Xa concretaremos cando se peche se é cedido ou traspasado, diso aínda non podo falar"

Problemas físicos esquecidos

"El está perfectamente recuperado xa dos seus problemas físicos. Tivo unha lesión importante, pero incluso xa estivo adestrándose co Pucela esta pretempada"

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade